Site icon Crónica3.com A Mariña

O director do IES de Foz coñeceu as instalacións e o funcionamento de dous institutos de hostalería de París

Foz, 9 de outubro de 2018. O director do IES de Foz, Nicolás Asensio, e o inspector educativo Javier Suárez estiveron durante catro días, a través dunha beca Erasmus+, en dous institutos da rama de hostalería de París e coñeceron as súas instalacións e o funcionamento deses centros.

Os primeiros dous días estiveron no Lycée Jean Drouant, onde se reuniron co seu equipo directivo para ver de cerca o funcionamento do centro e o sistema educativo francés. Os dous últimos días visitaron o instituto Lycée Guillaume Tirel, onde ademais de coñecer o centro, as instalacións e o funcionamento dos comedores, reuníronse co inspector educativo de Formación Profesional, Francis Sellam, e visitaron o Casnav, onde se integran os alumnos non escolarizados en centros franceses e alumnado estranxeiro en tránsito. Ademais viron o funcionamento da orientación escolar no sistema educativo francés.

A experiencia foi moi satisfactoria para ambos e unha oportunidade de aprender boas prácticas que se fan en outros países.

Esta actividade está encadrada no programa Erasmus+ concedido ao IES de Foz en xuño.

Exit mobile version