O CCA focense invitará a café a todos os asistentes a ese partido e sorteará 100 euros en vales en vales de compra para gastar nos establecementos asociados.
José Carlos Paleo sinalou que “para o comercio de proximidade é un recoñecemento moi importante que se teña en conta o esforzo que aporta a todas as actividades que axuda a financiar como festas, torneos deportivos, etc”.
O presidente do Centro Comercial Aberto lembra que “o comercio fai pobo, como di o noso eslogan. É o pequeno comercio, o que temos na nosa vila, e son os nosos bares e restaurantes os que axudan cada día a que moitas accións culturais e deportivas se poidan levar adiante por parte de comisións organizadoras ou asociacións. Esa é unha das características que nos diferenza das grandes plataformas comerciais de venda on line, que non teñen ningunha vinculación co noso pobo, non deixan aquí un euro e non axudan en nada. Todos xuntos podemos conseguir que Foz siga tendo vida, pero para iso debemos mercar nos establecementos do noso pobo, no noso comercio e na nosa hostalaría”.
Paleo tivo palabras de agradecemento para o CD Foz: “por iso é tan importante a homenaxe deste vindeiro domingo, porque é un recoñecemento ao apoio que comercio e hostalaría lle brindan a este club, pero tamén a outros moitos clubs e iniciativas vinculadas co mundo do deporte”.