Site icon Crónica3.com A Mariña

O Grupo Municipal Popular de Burela asegura que “o custo total da obra do pretendido novo pavillón sería de 9.630.019’33 euros, o dobre dos cinco anunciados polo alcalde”

Burela, a 10 de outubro de 2018.- O Grupo Municipal Popular burelés manifestou hoxe que “o alcalde mentiu o once de agosto cando dixo que o novo pavillón custaría ‘entre catro e cinco millóns de euros’ (só é preciso remitirse ás hemerotecas para comprobalo) e tamén mentiu no pleno ordinario do pasado 27 de setembro sobre este asunto cando reiterou ese custo para o novo pavillón”.
A este respecto, os populares din que “o alcalde debe pensar que somos parvos e que non sabemos ler nin facer contas. Pero o certo é que o alcalde está ocultando á cidadanía o custo real do pretendido novo pavillón, que ascendería a 9.630.019’33 euros, o que de por si é unha forma de actuar miserable e rastreira. Polo tanto, resulta patético que o alcalde oculte datos que constan na memoria que el mesmo encargou”, aseguran.
Desde o Grupo Municipal Popular indican que “o alcalde non computa os impostos aos que está suxeita calquera obra promovida por unha administración pública, impostos que hai que pagar e que paga a administración que fai a obra. Ademais, no importe que dá o alcalde non se inclúen os honorarios de redacción de proxecto básico e proxecto de execución, dirección de obra, etc., que tamén hai que pagar e que paga a administración contratante, neste caso, o Concello. E tampouco fala do custo da adquisición dos terreos necesarios para a construción do novo pavillón, porque os terreos teñen dono, ninguén os regala, e quen ten que pagar é o Concello”.
En definitiva, “o alcalde tenta meternos un gol aos cidadáns de Burela porque o importe total do pretendido novo pavillón acércase moito aos dez millóns de euros”, tendo en conta a memoria que o alcalde deixou enriba dunha mesa dunha funcionaria da Secretaría Xeral para o Deporte o pasado mes de agosto.

EDIFICIO…………………………………………………………………………………5.525.000’00€
URBANIZACIÓN……………………………………………………………………600.000’00€
TOTAL PRESUPUESTO DE EJECUCIÓN MATERIAL……………………6.125.000’00€
13% GASTOS GENERALES………………796.250’00€
6% BENEFICIOS INDUSTRIALES……367.500’00€
TOTAL PRESUPUESTO DE EJECUCIÓN DE CONTRATA……………7.288.750’00€
21% IVA…………………………………………1.530.637’50€
TOTAL PRESUPUESTO IVA INCLUIDO…………………………………8.819.387’50€
HONORARIOS TÉCNICOS
PROYECTO BÁSICO………………………………………………………………105.840’00€
PROYECTO DE EJECUCIÓN……………………………………………………121.520’00€
DIRECCIÓN OBRA ARQUITECTO…………………………………………95.040’00€
DIRECCIÓN OBRA ARQUITECTO TÉCNICO……………………………95.040’00€
SEGURIDAD Y SALUD…………………………………………………………20.800’00€
TOTAL HONORARIOS…………………………………………………………438.240’00€
21% IVA………………………………………92.030’40€
TOTAL PRESUPUESTO HONORARIOS IVA INCLUIDO……………530.270’40€
INVERSIÓN TOTAL: CONSTRUCCIÓN + HONORARIOS…………9.349.657’90€

Os populares indican que “a cousa non remata nestes 9.349.657’90 euros, cifra xa elevada en si mesma, xa que o alcalde esquece intencionadamente o importe dos terreos que hai que mercar para facer o suposto novo pavillón. O informe elaborado pola arquitecta municipal, con prezos que tentan favorecer ao Concello e, polo tanto, que tiran á baixa, cifra o importe dos catro solares a mercar polo Concello en 280.361’43 euros. Polo tanto, o importe total da obra sería de 9.630.019’33 euros. Unha cifra mareante en si mesma”.
Para o Grupo Municipal Popular “está claro que se desde principios de xuño o alcalde só foi capaz de elaborar un informe de taxación de fincas, xa pode ir acelerando o ritmo se quere facer a obra, e xa pode cargarse de argumentos para que as administracións que poden axudar, á vista dos números que se manexan, lle axuden. En todo caso, que o alcalde oculte todos estes números e teña que ser o PP quen os faga públicos para que a cidadanía de Burela saiba o custo real do pretendido novo pavillón, define bastante ben a quen nos goberna. O alcalde non di unha verdade nin cando está de broma”, conclúe.

Exit mobile version