Mañá, martes, outro grupo de alumnos e alumnas do IES de Foz irán recoller setas aos montes de A Fraga Vella. E o mércores haberá unha exposición de cogomelos, un concurso de cestas e unha charla sobre identificación das setas a cargo de Suso Liste, profesor de Cociña do IES de Foz. As actividades das xornadas rematarán o xoves cunha degustación de pratos elaborados con cogomelos, na que participará persoal deste centro educativo focense.
Nas xornadas micolóxicas do IES de Foz participan alumnos e alumnas dos ciclos Básico de Cociña e Restauración, Medio de Cociña, Superior de Dirección de Cociña, Superior Dual de Dirección de Cociña e Dirección de Servizos e de cuarto curso da ESO.