Site icon Crónica3.com A Mariña

O músico Fran Amil estará na Librería Bahía en Foz e Ribadeo, presentando o seu novo traballo “Monstros con ou sen consentimento”

Unha colección de monstros do máis variado é o que nos trae Fran Amil no seu novo libro-CD. Fran Amil é un músico, compositor e productor coruñés que dende os anos 90 pasou por algún dos grupos chave do movemento Bravú (Os Papaqueixos, Ruxe-Ruxe ou Diplomáticos de Monte Alto). Dende hai uns anos fai música infantil en galego, sendo os traballos anteriores, Un conto ao revés e A voz do vento, disco no que musica e canta poemas de Manuel María. As presentaciós serán: Librería Bahía – Din y Don Ribadeo este venres ás seis da tarde. Librería Bahía Foz o sábado ás doce da mañá.

Exit mobile version