Site icon Crónica3.com A Mariña

O Reitor da Universidade de Santiago de Compostela, D. Antonio López Díaz visita á Comunidade educativa do IES San Rosendo

Mondoñedo 18-10-18. Con motivo da súa estancia en Mondoñedo como pregoeiro das Festas Patronais, o Reitor visitou pola mañá o Instituto no qeu na súa mocidade, cursou os estudos de BUP e COU
O claustro de profesores compartiu con él, na hora de recreo, un café e uns petiscos e anécdotas e experiencias con antigas compañeiras e coñecidas, agora profesoras no Instituto.
Déspois do refrixerio, o Reitor, pasou ao salón de actos e falou para o alumnado de 4º ESO, 1º e 2º BAC e Ciclo superior de Xestión forestal.
Compartiu con eles a súa experiencia como estudante nas mesmas aulas, fíxolles unha breve historia sobre a Universidade de Santiago de Compostela, falándolles tamén de como é na actualidade. Animándoos a estudar e a atopar a vocación sen medo a equivocarse na súa elección.
Comentoulles que él decidira estudar Dereito, escoitando unha charla que fora a dar un Xuíz durante un día de clases, sentado nese mesmo salón de actos.
Rematada a charla, o Reitor percorreu algunhas dependencias do Centro, para lembrar e para ver os cambios que éste foi albergando ata o día de hoxe.

Exit mobile version