Site icon Crónica3.com A Mariña

Os orzamentos da Xunta para 2019 prevén un investimento da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade de preto de 49 millóns de euros na provincia de Lugo

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2018.- A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade destinará o vindeiro ano preto de 49 millóns de euros a investimentos na provincia de Lugo.

Desa forma, a o departamento de Infraestruturas da Xunta realizará o vindeiro ano un investimento per capita de 146,28 euros na provincia.

En concreto, os investimentos da Axencia Galega de Infraestruturas na provincia chegarán case aos 42,5 millóns de euros o vindeiro ano.

Nesta provincia a conversión en autovía da vía de altas prestacións Nadela- Sarria é a infraestrutura viaria que recibe un maior investimento da Xunta, consignando 1 millóns de euros para avanzar na tramitación ambiental e no proxecto construtivo. Esta partida permitirá poder licitar as obras no 2019, e se prevén importantes investimentos durante os próximos exercicios nesta actuación.

Outras partidas destacadas son, por exemplo, os 0, 75 millóns de euros que destina o proxecto de Orzamentos da Xunta ao acondicionamento da estrada LU-231, eixo Begonte-Friol-Palas. Tamén consígnanse 0,75 millóns de euros ao acondicionamento da estrada LU-651, no Folgoso do Courel.

Ademais prevese para o 2019 o investimento no acceso ao Porto Seco de Monforte, cunha partida de 0,75 millóns de euros.

Por outra banda, se dota de fondos ao convenio co Concello de Vilalba para a mellora da travesía da antiga estrada LU-126, cun investimento de 0.66 millóns de euros

A Axencia Galega de Infraestruturas reserva tamén nos Orzamento unha partida de 0,45 millón de euros ao Plan Paradai, pendente de adaptación entre o proxecto e o Plan xeral de ordenación municipal por parte do Concello de Lugo.

Tamén a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través da Dirección Xeral de Mobilidade, dando cumprimento aos compromisos adquiridos co Concello de Lugo e Adif, que está a redactar o proxecto básico do conxunto da estación intermodal, prevé unha partida de 30.000 euros nos seus orzamentos,

O departamento de Infraestruturas da Xunta, a través de Augas de Galicia, consigna unha partida de máis de 5,8 millóns de euros para A provincia de Lugo, nos Orzamentos para o 2019.

Entre as partidas previstas, poden destacarse os máis de 0,77 millóns de euros para a mellora das redes de saneamento da nova EDAR de Burela, a partida de 0,5 millóns de euros para a EDAR de Foz e os máis de 0,46 millóns de euros para o saneamento en Celeiro e a mellora da EDAR de Viveiro.

Exit mobile version