Site icon Crónica3.com A Mariña

Os veciños do tramo da Rúa Álvaro Cunqueiro dende a pizzería Xoiña ata o edificio do Banco Santander, poderán gardar os vehículos nos seus garaxes a partir do venres, a petición dos concelleiros de “Foz, Plataforma de Futuro”

Foz a 17 de Outubro de 2018. Os Concelleiros de “Foz, Plataforma de Futuro” na reunión da comisión de seguimento da obra da Rúa Álvaro Cunqueiro deste pasado xoves, solicitamos que se abrira ó tráfico para paso dos veciños que son usuarios de prazas de garaxe deste tramo recentemente finalizado, o tramo que vai dende a pizzería Xoyña ata o Banco Santander.
Este pasado Xoves ven de celebrarse unha nova comisión de seguimento da obra da Rúa Álvaro Cunqueiro, comisións de seguimento que son realizadas trala petición da nosa formación, e que claramente son beneficiosas para o desenrolo da obra e para beneficio dos veciños e veciñas.
Levábamos varias semanas co tramo dende a Pizzería Xoyña ata o Banco Santander rematado, sen embargo, os veciños e veciñas desta zoa non podían aínda gardar ós seus vehículos nos distintos garaxes, isto xerou numerosas queixas que nos foron transmitidas nos últimos días, e que aproveitamos para transmitir na comisión de seguimento deste Xoves, chegando ó acordo, de que a partires deste venres este tramo de rúa vai estar aberto novamente para que os usuarios destes garaxes poidan acceder a eles.
Así mesmo tamén se nos confirmou que outra reclamación que a nosa formación levaba realizando nas anteriores comisións, se ía realizar, como era a petición dos veciños e comerciantes da Avda. da Mariña da colocación dunha rexa para recoller as augas da choiva na Rúa Xoán Montes, para que en días de choiva intensa non haxa problemas de inundacións nas vivendas e comercios desta zoa.
Seguimos e seguiremos traballando para mellorar as condicións de vida dos nosos veciños e veciñas.

Exit mobile version