Site icon Crónica3.com A Mariña

Pasada das Cabras nas Pasarelas do Paiva en Portugal

A pasada fin de semana os sendeiristas de Pasada dás Cabras de Burela, viaxaron ao país veciño para gozar dun dos lugares mais visitados en Portugal: as pasarelas do Paiva. A fermosura da paisaxe, unido ao reto de superar numerosos chanzos de madeira e pasear por pasarelas que se suspenden sobre o río Paiva, fan desta senda toda unha aventura apta para todas as idades e condición física. As pasarelas do Paiva atópanse no municipio de Arouca e do mesmo xeito que pasou coa praia das Catedrais en Ribadeo, as autoridades portuguesas, ante a afluencia masiva de visitantes, limitaron o acceso por día a 3.500 persoas. A ruta realizouse o sábado deixando o día anterior para gozar dos innumerables atractivos da cidade do Porto. Viaxaron un total de 60 persoas (entre os que se atopaba o Alcalde) cun tempo moi agradable. A próxima saída será o 10 de novembro e será ao Caurel para camiñar pola Devesa de Rogueira

Exit mobile version