Site icon Crónica3.com A Mariña

Primeiras Olimpíadas da Mariña Central

A Mariña 7-10-18. Somos moitas as persoas que levamos meses traballando para organizar este evento nos concellos de Burela, Cervo, Foz, Barreiros, Alfoz, Valadouro, Mondoñedo e Lourenzá.

Trátase dunha competición entre os oito concellos da Mariña Central. Os equipos están en fase de formación, aínda que algúns xa están rematados, como o do Valadouro, con arredor de 50 veciños implicados e dispostos a levar ó seu concello ó máis alto da clasificación.

En cada concello temos “Capitáns” ou organizadores:
– Burela: Matías Nicieza, Mario Pillado, Bernardo Penabade, Alfonso Geada.
– Cervo: Rafa Blas.
– Foz: Andrés Teijeira.
– Barreiros: Tamara (Ollomao), Mari Paz (Coral Polifónica), Alfonso (Praias de Barreiros), Toño (Mar e Monte).
– Alfoz: Ángel Valea.
– Valadouro: Juan García.
– Mondoñedo: Manolo Barreira, José Antonio (O Pasatempo), Israel (Club de Fútbol), Manolo do Rincón, Ester Otero (Grupo Teatral Xoldra).
– Lourenzá: Javier Huertas.

Durante un mes, a final deste ano 2018, teremos as competicións, con catro probas:
– 24 de novembro, en Alfoz: Proba Cultural.
– 1 de decembro, en Burela: Proba Artística.
– 6 de decembro, en Foz: Proba de Fútbol Sala.
– 15 de decembro, en Mondoñedo: Xogos Populares.

Cada concello sumará puntos en cada unha destas probas e ó final saberemos cal dos oito é o gañador destas primeiras Olimpíadas. En cada proba haberá medallas para os gañadores e todos obterán un diploma pola súa participación.

Estamos na procura de xuíces, árbitros, xurados e colaboradores, para que a organización sexa o máis perfecta posible.

E, o máis importante, haberá rivalidade ben entendida, pero compañeirismo, deportividade, amizade… Todo o que manda neste tipo de acontecementos, organizados para unir, e non para separar, para crear grupo, para crear Mariña.

O noso especial agradecemento ós concellos de Burela, Cervo, Foz, Barreiros, Alfoz, Valadouro, Mondoñedo e Lourenzá polo seu apoio e a súa colaboración.

Exit mobile version