Site icon Crónica3.com A Mariña

Reunion praia de Covas

Viveiro 17-10-18. Despois de que a Subdirección Xeral para a Protección da Costa remitise a este concello, en xuño de 2018, unha copia do estudo encargado por Portos de Galicia sobre a praia de Covas e tras as xestións realizadas por esta Alcaldía para que algún técnico se achegara ao concello para explicar o seu contido e resolver as dúbidas que puideran existir, no día de hoxe tivo lugar a reunión convocada ao respecto por esta alcaldía, na que estiveron presentes o Xefe Provincial de Costas, José Miguel Estevan Dols, encargado de dar conta do contido do estudo; os voceiros dos grupos políticos municipais; e os representantes da Plataforma Veciñal Salvemos a Praia de Covas.
Tras coñecer as alternativas que se propoñen no estudo para solucionar a degradación que afecta a este areal, acordouse convocar unha nova comisión para valorarán as opcións existentes e decidir, en función do informe, cál se considera a máis axeitada. A intención é remitir posteriormente un escrito a Portos de Galicia sinalando a alternativa que se considera máis adecuada e solicitando que se leven a cabo as actuacións necesarias para solucionar este situación.

Exit mobile version