As súas tendas, MoMA Design Stores, son un verdadeiro templo do deseño e bo gusto, onde todos os produtos que se expoñen ou se venden son obxecto dunha selección exquisita e moi coidadosa por parte dos responsables do museo, que priman a innovación, creatividade e calidade de todas as súas pezas. Que SARGADELOS forme parte do seu exclusivo catálogo é un orgullo, non só para esta firma senón tamén para Galicia, xa que o MoMA é un referente global da arte moderna e contemporánea.
Bol