Site icon Crónica3.com A Mariña

Seguen as actividades da Semana Europea da FP, que organiza Apaga. Este martes o escenario elixido para a conferencia de Jens Sondergaard, profesor danés que se atopa estes días na Mariña, foi o IES María Sarmiento, de Viveiro

Ducias de alumnos e alumnas do centro escoitaron as vivencias deste mestre no sector da automoción e tamén o estado no que se atopan tanto o devandito sector no ámbito laboral como a Formación Profesional. Sondergaard, que onte pronunciou unha charla no CIFP Porta da Auga de Ribadeo e visitou o casco histórico da vila e a praia das Catedrais, pasa esta tarde na empresa Hermanos Rega, de Alfoz. Mañá seguirá a programación da Semana Europea da FP con actividades de carrocería no CIFP Porta da Auga, en Ribadeo, e despois haberá visita a unha fábrica de embarcacións náuticas en Barres (Asturias) e ás localidades de Mondoñedo e Lourenzá.

Exit mobile version