Asistiron 70 practicantes procedentes de todas as provincias galegas e de diferentes puntos da xeografía española (Madrid, Castela León, Asturias, País Vasco…).
O TaiJiQuan é unha arte marcial china, pertencente á Nei Jia ou “Familia Interna”.
A principal característica desta familia é que, a diferencia dos estilos externos de artes marciais, fai énfase no adestramento da respiración, a enerxía e a meditación, para lograr co tempo, efectividade marcial.
A cita foi organizada polo departamento de TaiJiQuan da Federación Española de Kickboxing (FEK) en colaboración co Concello de Cervo, que cedeu ademais o Pavillón da Veiga e as instalacións das Escolas de San Román onde se aloxaron as persoas participantes e os mestres vidos de China.
O rexedor, Alfonso Villares, achegouse ata o Pavillón, onde presenciou as sesións e puido saudar aos practicantes e ao mestre.