Site icon Crónica3.com A Mariña

Un centenar de veciños de Conforto, na Pontenova, benefícianse do arranxo da LU-P-4805

Lugo, 22 de outubro de 2018. O Presidente e Alcalde da Pontenova, Darío Campos Conde, e o Vicepresidente e Deputado de Vías e Obras, Argelio Fernández Queipo, supervisaron os traballos de mellora da estrada LU-P-4805, de Boulloso, por Dodrín a Figueirua, que financiou o Executivo da Deputación no municipio pontenovés, cunha achega de 106.000 euros. Estes fondos permitiron completar a renovación da estrada no seu conxunto, dende a LU-704 a Figueirua, pois previamente xa foran mellorados 3,3 quilómetros da vía, e agora o Executivo renovou os 3,2 quilómetros restantes.

Campos Conde subliñou que “con estas actuacións completamos a renovación integral dos 5,5 quilómetros da estrada, dando resposta ás demandas dos veciños, e beneficiando directamente ás preto de 100 persoas que viven nos núcleos de Boulloso, San Mamede, Dodrín e Figueirua, na parroquia de Conforto”.

Os traballos, consistentes na limpeza de cunetas, rehabilitación do firme con aglomerado en quente e renovación da sinalización horizontal e vertical, leváronse a cabo nun treito de 3,2 quilómetros, dende o punto quilométrico 0,8 ao 3,7, e dende o 5,2 ao 5,5.

Exit mobile version