Non pararemos tampouco de mobilizarnos mentras non se teña em conta a realidade econômica, social e demográfica de Galicia, pois somos a comunidade coas segundas pensións mais baixas do Estado.
E temos que seguir loitando tamén contra eses titulares de prensa que dicen que os gastos das pensións “disparáronse” no mes de agosto, porque a suba que houbo non foi tal, foi algo que nos estiveron roubando, porque nós non temos a culpa de que as pensións estiveran conxeladas desde 2012, e a suba desde o 1 de xaneiro de 2018 debería ter sido desde o 1 de xaneiro de 2013.
As pensións son un dereito, e non son ningún despilfarro para o Estado, porque diñeiro sí que hai, o que pasa é que se reparte moi mal, e o problema é que os critérios de reparto márcano a banca e as grandes corporacións financieiras que presionan aos gobernos. E contra eso é contra o que temos que loitar para poder manter o Sistema Público de Pensións.
Por eso hai que seguir defendendo esta táboa reivindicativa:
– derrogación das reformas laborais
– aprobación dunha nova lexislación laboral e social que restitúa os dereitos perdidos como consecuencia das reformas anteriores
– pensión mínima igual ao salario mínimo interprofesional
– recoñecemento do dereito á xubilación ordinaria aos 65 anos
– establecer a actualización anual das pensións en base ao IPC
– blindaxe do sistema público de pensións
– pensións dignas e con poder adquisitivo
Colectivo de Xubilad@s e Pensionistas de Barreiros