
Viveiro 17-10-18. A planta baixa da Biblioteca Municipal de Viveiro, na Praza Maior, acollerá este xoves 18 de outubro a primeira das Terulias do Outono Cultural que programa o colectivo viveirés Pensamento e Sementeira. O acto dará comezo ás 20:30 horas e contará coa participación do pintor Xoán Guerreiro que falará sobre a súa obra e manterá coas persoas asistentes un coloquio arredor da situación actual das artes plásticas.
Nesta Tertulia tamén se proxectarán as obras do pintor nado en Xove en 1956 e que ten exposto a súa obra en moitas mostras individuais e colectivas, entre elas en Viveiro nos Claustros de San Francisco, no ano 1994, nunha exposición organizada pola Agrupación Cultural Sementeira.
O colectivo organizador desta Tertulia ten programada para o mes de novembro unha segunda que contará coa participación da música Ugía Pedreira.