Site icon Crónica3.com A Mariña

Xornadas de promoción dos bolos en Xove

Xove, 17 de outubro 2018. Un ano máis, e antes de comezar a XXX Tirada de Bolos Concello de Xove, o Concello, a través da súa Concellería de Deporte, xunto co Colexio Pedro Caselles Rollán e o IES Illa de Sarón de Xove, organizan unhas xornadas destinadas a promocionar o xogo entre os alumnos/as de ámbalas dúas institucións educativas.
Polas Xornadas deste ano 2018 van pasar 20 alumnos/as de 5º e 23 de 6º de Educación Primaria do Pedro Caselles, e 18 alumnos/as de 1º de ESO do IES Illa de Sarón. Nas mesmas se lles van explicar os fundamentos deste xogo autóctono, e todos terán a oportunidade de xogar.
As xornadas van ter unha dobre vertente, con explicacións teóricas a cargo do Técnico de Cultura Mario Eijo, e unha parte práctica a cargo do veterán xogador José González Rodríguez, quen se vai encargar de explicarlles de forma práctica como se tira, como hai que coller a bola, etc.
As Xornadas comezaron na Bolera do Campo Municipal de Fútbol de Xove, contándose coa participación dos 20 alumnos/as de 5º de Educación Primaria do CEIP Pedro Caselles. Estiveron acompañados pola profesora Marta Álvarez.
As Xornadas continuarán co seguinte calendario:
Xoves 18 de outubro:
-De 13:40 a 14:30 h: 18 alumnos/as de 1º de ESO do IES Illa de Sarón.
Venres 19  de Setembro:
-De 10:00 a 11:00 h: 20 alumnos/as de 5º de Primaria do CEIP Pedro Caselles.
O obxectivo destas Xornadas é o de incorporar novos xogadores/as á Liga de Bolos Municipal. Véñense celebrando dende hai varios anos, contándose nesta edición coa colaboración dos departamentos de educación física do Colexio Pedro Caselles e do IES Illa de Sarón.

Exit mobile version