Site icon Crónica3.com A Mariña

1ª Xornada das Olimpíadas da Mariña Central

A Mariña 25-11-18. Ganou Foz, pero as reclamacións deixaron como primeiro líder das Olimpíadas da Mariña Central ó equipo do Valadouro.

O equipo de Mondoñedo foi en cabeza da Proba Cultural durante os dous primeiros xogos: o UN DOUS TRES e o TRIVIAL, pero na última proba, o STOP, foi desbancada polo equipo de Foz, que obtivo a medalla de ouro nesta primeira xornada das Olimpíadas. Non obstante, houbo varias reclamacións, produto das cales o equipo de Foz perdeu 10 puntos e o de Mondoñedo perdeu tamén 4, co cal a clasificación final quedou encabezada polo equipo do Valadouro, segundo a seguinte clasificación:

1. Valadouro – 179 puntos (200 puntos na Olimpíada).
2. Mondoñedo – 176 puntos (175 puntos na Olimpíada).
3. Cervo – 174 puntos (150 puntos na Olimpíada).
4. Foz – 172 puntos (125 puntos na Olimpíada).
5. Alfoz – 161 puntos (100 puntos na Olimpíada).
6. Lourenzá – 139 puntos (75 puntos na Olimpíada).
7. Barreiros – 121 puntos (50 puntos na Olimpíada).
8. Burela – 85 puntos (25 puntos na Olimpíada).

A festa inaugural, con desfile incluído, comezou polas 17,00 horas, no Pavillón Municipal de Alfoz. Estiveron presentes os Alcaldes dos 8 concellos, que dixeron unhas breves palabras ó inicio do evento.

Actuaron como Xurados Celso Currás (Ex Concelleiro de Educación e Inspector de Educación), Francisco Rodríguez Lestegás (Decano da Facultade de Formación do Profesorado de Lugo), Pilar García Porto (Delegada de Cultura da Deputación de Lugo) e Pablo Villapol (representante de El Progreso na Mariña Lucense).

O acto estivo presentado por Beatriz Yáñez (xornalista de Alfoz) e por Pepe Peinó (Presidente do Seminario de Estudos do Valadouro). Durante o concurso actuou a cantante local Almudena Cuadrado, natural da parroquia alfocense de Bacoi. As fotos correron a cargo de Raquel Amieiro. Os aspectos técnicos estiveron nas mans de Luís Fernández, Juan Novás e Pepita Moreda. O vídeo foi gravado por Matías Nicieza. Como secretarias actuaron Melisa García, Claudia Martínez e Deyanira Barreira. Os agasallos que se repartiron para os colaboradores proceden do comercio de Terra Branca, de Ribadeo, e son pezas de cerámicas de Otero Regal.

Tamén se sorteou a orde dos partidos de fútbol sala da Olimpíada, que se celebrarán o vindeiro 6 de decembro no Pavillón de Marzán, en Foz, que quedou do seguinte xeito:

9,30 horas: Barreiros – Valadouro.
10,30 horas: Burela – Alfoz.
11,30 horas: Mondoñedo – Lourenzá.
12,30 horas: Cervo – Foz.

As semifinais, o 3º e 4º posto e a Final celebraranse a partir das 16 horas do mesmo día. Xogarán as semifinais o ganador do 1º partido co ganador do 2º e o ganador do 3º partido co ganador do 4º.

O vindeiro encontro das Olimpíadas será a Proba Artística, que se celebrará o vindeiro 1 de decembro no Auditorio Municipal de Burela.

Exit mobile version