Site icon Crónica3.com A Mariña

A Alcaldesa de Viveiro reuniuse coa Asociación de Veciños do Casco Histórico

Viveiro, 5 de novembro de2018. No día de hoxe tivo lugar unha reunión coa Asociación de Veciños do Casco Histórico de Viveiro, na que os seus representantes expuxeron diversos temas sobre os que existe preocupación ou inquedanza e na que, por parte desta alcaldía, se lles explicou en que situación se atopan e mais os trámites ou xestións que o concello está a levar a cabo en cada un dos casos.

Entre os asuntos que se trataron figura a praga de gaivotas; por parte do concello comunicouse á asociación de veciños que se vai valorar a posibilidade de ampliar o estudo que se realizara no seu momento, sobre a presenza desta ave en Covas, Viveiro e Celeiro, para ampliar este estudo facéndoo extensible a outras zonas do municipio.

O segundo tema que se tratou é o dos ruídos, sobre o que o concello leva tempo traballando. Tal e como se explicou, somos conscientes das molestias ocasionadas polo ruído que xeran determinados pubs que incumpren os horarios e estanse a tramitar os expedientes sancionadores correspondentes; comunicouse, ademais, que o concello está a adoptar as medidas oportunas para solucionar esta situación e que, entre outras, por parte da Policía Local se vai a realizar un control máis exhaustivo deste asunto.

Falouse, tamén, do tema dos cans e animais domésticos; a este respecto, explicouselles que o concello xa ten elaborada a ordenanza correspondente e que esperamos poder aprobala en breve.

Preguntaron, finalmente, polas edificacións abandonadas; neste sentido, ademais de explicar os trámites que se veñen levando a cabo por parte do concello, acordouse entregar unha relación con todas as actuacións que se fixeron.

Exit mobile version