Site icon Crónica3.com A Mariña

A Banda Municipal de Ribadeo estreou cinco pezas no concerto de Santa Cilla que ofreceu este sábado

Ribadeo, 25 de novembro de 2018. A Banda Municipal de Música de Ribadeo, dirixida por David Ballester Martínez, estreou cinco pezas no concerto de Santa Cilla que ofreceu na tarde noite deste sábado, no Cine Teatro ribadense.
O primeiro tema que interpretaron foi Happy Mallets, de Harms Evers, no que actuou como solista ao xilófono Carlos Villar Pérez. A continuación tocaron Celtic flutes, de Kurt Gäble, con as frautistas Paula Pérez Conde e Eva Iglesias López como solistas. As outras tres pezas que a Banda de Ribadeo interpretou por primeira vez foron Twinkling Tunes, Gulliver´s Travels e Return of the Vikings, as tres de Bert Appermont, compositor belga ao que ía dedicado este concerto. Tamén tocaron outros dous temas de Bert Appermont: Prayer e Robinson Crusoe.
Antes de rematar a actuación o director da Banda ribadense agradeceu ao público a súa asistencia a pesar de que o tempo non acompañaba, porque antes e durante o concertou caeu en Ribadeo un intensa e persistente choiva. Ademais David Ballester solicitou un aplauso para os solistas que actuaron neste concerto porque esa labor “non é nada fácil” e destacou o ben que o fixeron.
O próximo concerto da Banda Municipal de Ribadeo será o tradicional Aquí como en Viena, que está programado para o 29 de decembro, sábado, ás 21:00 horas no Teatro ribadense.

Exit mobile version