Site icon Crónica3.com A Mariña

A concelleira popular de Viveiro, María Jesús Vale, presenta a súa dimisión

Viveiro, a 26 de Novembro de 2018. María Jesús Vale López, concelleira do Concello de Viveiro

EXPOÑO:
Que veño ostentando a condición de concelleira do Grupo Popular no Concello
de Viveiro desde as últimas eleccións municipais.
Que sinto unha gran decepción tanto coa xestión do Partido Popular provincial
de Lugo, como coa xestión de augas de Galicia dependente da Xunta de
Galicia. Que son unha persona con principios e que defende os seus ideais. E
por tal motivo non me vexo motivada para seguir exercendo o cargo que
ostento de concelleira do Partido Popular neste Concello.
Motivo polo cal presento ao Pleno da Excelentísima Corporación de Viveiro a
miña dimisión de concelleira.

SOLICITO:
Do Pleno da Corporación, lle sexa admitido devandito cesamento e tramitado o
mesmo ante o organismo que corresponda.

María Jesús Vale López
AO PLENO DA EXCELENTÍSIMA CORPORACIÓN MUNICIPAL DE VIVEIRO

Exit mobile version