Site icon Crónica3.com A Mariña

A Plataforma Sanitaria parabeniza á comarca da Mariña pola ampliación do Hospital, resultado da longa e intensa loita social

A Mariña 16 de outubro de 2018. A Plataforma Sanitaria ,diante do despliegue de cargos e medios que onte acompañaron ao Presidente da Xunta na visita da obra de ampliación do Hospital da Mariña, desexa parabenizar ao conxunto de veciñas e veciños da Mariña polo logro que supuxo a longa e intensa loita e que se materializou nesta ampliación de espazos.
Desde o ano 2009 ate a actualidade a comarca da Mariña desenvolveu unha frenética mobilización social para reclamar a máis que necesaria ampliación do hospital, que debe ir acompañada de novos servizos e prestacións e non só de metros cadardos. Durante esta longa etapa tivemos que sufrir por parte do PP múltiples descalificacións e reiteradas promesas incumpridas que , casualmente sempre coincidían con períodos electorais, pero que” logo das citas coas urnas quedaban en fume de carozo”- comenta o portavoz da Plataforma Sanitaria.
A día de hoxe a longa lista de agarda para consultas, probas diagnósticas e intervencións cirúrxicas, xunto co elevado número de derivacións segue a ser o problema sanitario que máis preocupa e padece a poboación mariñá, e lonxe de diminuir parece que vai en aumento , malios anuncios nos medios de comunicación de tempos medios de agarda maquillados e sesgados , incumplindo sistemáticamente a lei de garantías sanitarias.
Desde o colectivo sanitario confirman que a loita non rematou porque non temos constancia de que se vaia dotar ao Hospital dos novos servizos que se precisan, nin dos aparellos para diagnóstico radiolóxico básicos a día de hoxe e que se están a facer con unidades móbiles , nen do incremento máis que necesario de persoal imprescindible para unha asistencia sanitaria de calidade. “ Continuaremos sen tregua coa mobilzación social porque os logros non caen do ceo e, ainda que lento este é o único camiño”-sinalan
A implantación da UMAR foi clave para que se perdera o medo a denunciar
A implantación da UMAR, tras a aprobación da reforma da lei de saúde po parte dun PP en solitario e obviando o gran movemento de contestación social que se desenvolveu no país, foi clave para que @s veciñ@s empezaran a perder o medo a reclamar.Desde que se iniciou a actividade da unidade móbil tramitáronse máis de duascentas reclamacións , das cales moitas foron resoltas satisfactoriamente para @s doentes.
A UMAR vense colocando os primeiros martes de cada mes na entrada principal do hospital e o terceiro martes do mes nun centro de saúde diferente . A próxima cita será o vindeiro martes 20 de novembro no Centro de Saúde de Barreiros de 11 a 13 horas. Nesta ocasión , a maiores das reclamacións que xurdan demandaremos a cobertura estable e continuada de todas as ausencias xustificadas e permisos da pediatra e a substitución tamén de xeito continuado e estable do médico de familia que leva máis dun ano de baixa.

Exit mobile version