Site icon Crónica3.com A Mariña

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, destacou que o Goberno está pendente dende primeiro momento dos veciños de Viveiro que sofriron as inundacións

Viveiro, 21 de novembro de 2018.- A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, destacou hoxe que o Goberno está pendente dende primeiro momento dos veciños de Viveiro que sofriron as inundacións rexistradas na noite do domingo ao luns.

A subdelegada do Goberno manifestou que “compartimos a preocupación do deputado Fernán Vello pola situación vivida en Viveiro, aclararlle únicamente que este Goberno xa está en permanente colaboración desde o primeiro momento co Concello de Viveiro para atender aos afectados.Tanto é así que o Delegado do Goberno en Galicia púxose en contacto coa Alcaldesa tan pronto se produciron os feitos. Eu mesma, como é público, estiven in situ cos veciños perxudicados no lugar da Xunqueira varias veces na xornada do luns e tamén participei na reunión de urxencia convocada pola Alcaldesa o propio luns a primeira hora, xuntanza na que tamén estiveron os voceiros dos distintos grupos políticos, Protección civil, Policía local, Bombeiros e técnicos do Concello”.
Asimesmo, Isabel Rodríguez declarou que “o Goberno, ademais, está a colaborar permanentemente e desde o principio co Concello na atención aos veciños polos danos causados, que aínda están en fase de avaliación. O propio luns, o Concello abriu unha oficina de atención aos afectados na que se está a recoller a información precisa para poder tramitar as axudas”.

Exit mobile version