Site icon Crónica3.com A Mariña

Actuación de Metátase Teatro en Xove

Xove 2-11-18. Comeza o Programa Buxiganga en Xove coa actuación do grupo Metátase Teatro de Palas de Rei; este grupo afeccionado vai por en escea a obra O Euromillón este domingo 4 de novembro a partires das 19:00 h. no Salón de Actos do Centro Cívico. Obra de teatro (COMEDIA) para todos os públicos con entrada libre e gratuita. O Programa Buxiganga está organizado e coordinado poa área de Cultura da Deputación de Lugo, contando coa colaboración do Concello.

A OBRA
O Euromillón
Sinopse: Espectáculo coral que aborda o complexo mundo dos programas de televisión desde a perspectiva teatral da comedia. O Euromillón é un concurso musical que reúne ás mellores voces do país e que entrega a nada desprezable cantidade dun millón de euros ao gañador. Trátase, por tanto, dunha comedia negra na que se mesturan constantes persecucións e raptos con peculiares relacións amorosas, vinganzas, tiros, música e gangsters sen escrúpulos. Unha obra ateigada de emoción que busca facer reflexionar ao espectador sobre os valores da sociedade do século XXI

O GRUPO
Metátese xurdiu en 1992 coa pretensión de achegar o teatro contemporáneo a todos os públicos, bebendo das correntes máis vangardistas, para interactuar co público e captar o espírito da sociedade actual desde unha perspectiva crítica. E todo isto levado á práctica baixo unha filosofía liberadora e construtiva que emprega o teatro como vehículo para desfrutar do tempo de ocio.
Metátese ten actuado en toda Galicia, así como en Madrid, Euskadi, Canarias ou Andalucía, Porto, Toulouse, A Habana, Tokio, O Cairo, Moscova, Bos Aires… e durante estes 26 anos, foron moitas as obras representadas: A farsa das zocas (de Ricardo Carvalho Calero), O documento (de Ánxel Fole, adaptación de Francisco Xosé Silvosa). Ademais, Metátese Teatro coorganiza a Mostra Internacional de Teatro Amador de Palas de Rei-Teatro no Camiño de Santiago, pola que teñen pasado Compañías teatrais de todo o mundo.

Exit mobile version