Pola exposición tamén pasou o xoves 22 de novembro o alumnado do colexio de Cervo; un total de oitenta e dous nenos e nenas que, ademais da visita guiada, participaron nun obradoiro de elaboración de útiles do paleolítico.A exposición, así como as distintas actividades de divulgación organizadas por Mariña Patrimonio e a Asociación Cultural Fervenza de Sargadelos, enmárcanse na celebración do Día Internacional do Patrimonio Mundial como resposta á iniciativa da Rede do Patrimionio Cultural. Na súa realización contou coa estreita colaboración da Asociación de Amigos do Museo de Vilalba, do Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba e mais do Concello de Cervo.As asociacións organizadoras queremos agradecerlles tanto ao director do Museo de Vilalba, Eduardo Ramil, coma ao concelleiro de Patrimonio de Cervo, Alfredo Fernández, a súa colaboración e implicación na divulgación do noso patrimonio.