Site icon Crónica3.com A Mariña

Augas de Galicia terá que responder no Parlamento Galego sobre o río que asolagou Xunqueira a petición do BNG

Viveiro 21-11-18. O BNG de Viveiro logo do desastre acontecido este pasado domingo en Viveiro e tralas declaracións de Augas de Galiza, vémonos na obriga a levar ao Parlamento Galego as seguintes cuestións:
Ten analizado a Xunta de Galiza o estado do río que asolagou a Xunqueira, no Concello de Viveiro?
Tiña constancia o Goberno galego das denuncias da veciñanza que advertían do tapón provocado por restos de desbroce na Ponte de Pedro Mestre?
Por que non se limpou o río?
Que medidas prevé impulsar o Goberno galego, no marco das súas competencias, para evitar que algo como o acontecido o 18 de novembro poida repetirse?

Exit mobile version