Lugo, 2 de novembro de 2018. O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro Orol, lembrou que a Consellería de Política Social xa resolveu, o 13 de marzo de 2018, o permiso de inicio de actividade para a residencia de Trabada e, en consecuencia, desde esa data xa dispón de todas as autorizacións autonómicas para a súa apertura.
Balseiro aclara tamén que non existe ningunha outra autorización pendente e, polo tanto, na Xunta aínda non recibiron a solicitude de inicio de actividade para a residencia de Ribadeo, un paso previo imprescindible para que poda abrir as súas portas, ao tratarse dun centro de atención á persoas maiores.
No conxunto da provincia o Goberno galego tamén autorizou a apertura das residencias de Pol e Castroverde, nos meses de abril e marzo, respectivamente.
O delegado insiste en que o retraso na posta en marcha destas instalacións non pode atribuírse á administración autonómica, senón aos promotores e insiste en instar ao Goberno provincial a presentar canto antes as solicitudes e a documentación relativa ás residencias que faltan, se de verdade teñen votade real de abrilas a curto prazo.