Hoxe o Brexit volta a ser unha ameaza, se cadra moito peor, para a nosa economía da pesca, caladoiros de Gran sol, de Escocia e de Malvinas están entre dito. Da negociación da desconexión do Reino Unido dependen moitas familias e economías de Galicia. Vigo ten en risco 30.000 empregos e Celeiro e Burela a perda da referencia da pescada do pincho o mesmo que Coruña ou Riveira. A axenda de negociación do brexit non é para nada esclarecedora nin da boas vibracións para a pesca do Cantábrico, están as cotas e caladoiros últimos na axenda, con que se vai negociar?
Neste senso cómpre sinalar o traballo do Senador Cazalis do PNV, que foi alcalde da vila de Lekeitio e sabe do que fala, cando leva o salitre a Madrid. Está poñendo alicerces para que este tema non quede descolgado da axenda do ministerio que para desgraza da pesca leva tamén outras negociacións, se cadra máis importantes para o PSOE andaluz e valenciano. Mentres o PNV presiona no Senado, poñendo voz a Galicia, Gómez Reino de Podemos Galicia no Congreso pregunta por Palestina, que está ben pero de nada nos vale.
Mais é preciso non fiar todo á acción política da xente de secaño de Madrid, é hora de que o sector esperte e recupere o espírito da Guerra do Bonito, ese que apartou a catro fragatas españolas e a unha corbeta francesa para defender un modelo de vida e unha tradición, ese modelo de unión e forza. Tristemente observo que non se está a mover de forma correcta todo o potencial do sector, quizais hoxe máis burocratizado ou durmido por unha forte acción de rede do PP de Galicia, que o ten moi ben controlado. Cómpre que os armadores e aparte social, os traballares, se senten e fagan forza común para que Bruxelas teña que negociar o seu de forma clara e contundente, porque igual nun momento dado ó estado español lle interesa máis que os Britanos merquen pisos no corredor do Mediterráneo, que defender á flota do Norte.
O dito que a forza de aqueles 400 boniteiros, e miles de homes e familias, chegue hoxe ós modernos barcos do pincho, polo ben e Galicia.
Piñeiro Docampo
Sº Xeral de CxG.