Site icon Crónica3.com A Mariña

Creación da Árbore dos Desexos e Celebración do Magosto na Unidade Residencial “A Mariña”

Burela 15-11-18. Nesta xornada 64 persoas celebramos un gran Magosto na Asociación de Axuda ó Enfermo Mental “A Mariña”. Neste festexo participaron os usuarios de tódolos dispositivos cos que conta a Asociación, e realizouse na Unidade Residencial, localizada no Concello de Cervo.
Con motivo desta xuntanza pasamos unha xornada divertida e lúdica mediante a realización de xogos populares e baile, así tivemos varios premios no concurso de baile, no concurso de sillas, etc….
Ademais , aproveitando que estábamos todos xuntos fixemos o diseño dunha gran árbore dos desexos e cada un de nós puidemos pedir o noso desexo á vez que colocábamos a ornamentación.
Ás 14:00 celebramos unha comida todos xuntos cun menú típico da estación na que nos atopamos e a degustación dunhas saborosas castañas asadas.
Coa celebración desta festa contribuímos a coñecer e manter as tradicións populares e tamén a traballar as habilidades sociais dos nosos usuarios, consolidar un grupo social de apoio e aprender a disfrutar do tempo de ocio, así como a mellorar a súa a calidade de vida.

Exit mobile version