Site icon Crónica3.com A Mariña

Educación concede axudas para o funcionamento de 8 escolas de música na provincia de Lugo

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2018. A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a resolución das axudas dirixidas a escolas de música públicas e privadas dependentes de institucións sen ánimo de lucro, convocatoria á que este ano se destinaron case 390.000 euros, un 30% máis ca en 2017. Un total de 8 entidades da provincia de Lugo reciben este apoio económico, que vai destinado a subvencionar o funcionamento tanto das escolas de música dependentes dos Concellos como das asociacións ou fundacións sen ánimo de lucro. No total de Galicia reciben axudas 55 escolas.

A relación de escolas de música públicas da provincia beneficiarias das cales son titulares os concellos é a seguinte
Escola de Música de Foz
Escola de Música Municipal de Lugo
Escola de Música Municipal de Meira
Escola de Música Municipal da Pontenova
Escola de Música Municipal de Sarria
Escola de Música de Sober
Escola de Música Municipal de Xove

No caso da escolas de música dependente de asociacións ou fundacións sen ánimo de lucro que recibe o apoio na provincia, trátase da Asociación Músico Crisanto, de Rábade.

O fin destas axudas é potenciar o funcionamento dos centros que imparten ensinanzas de música, sobre todo tendo en conta a súa crecente demanda. Ademais, tamén se busca apoiar aquelas iniciativas que implican fomentar, difundir e estender entre a sociedade xeral, e en especial entre o público xuvenil, a ensinanza musical desde unha formación non regrada. Para outorgar as axudas tivéronse en conta aspectos como o número de alumnado matriculado, de especialidades instrumentais impartidas, do profesorado e tempo de dedicación, así como as dimensións das instalacións, o volume do orzamento do centro e o importe total que o centro percibe do alumnado pola impartición das ensinanzas.

Exit mobile version