Site icon Crónica3.com A Mariña

Este sábado, tivo lugar a inauguración da ruta de sendeirismo circular de Burela, que ten unha lonxitude de 16 kms

Burela 25-11-18. Preto de 60 camiñantes participaron no primeiro percorrido oficial para dar a coñecer esta nova proposta deportiva do Concello burelés. O alcalde, Alfredo Llano, lembrou que “esta ruta está perfectamente sinalizada e conta con paneis informativos”. O rexedor explicou que “a camiñata deu comenzo ás 10 horas e os asistentes foron animados polas notas do antigo reino de Galicia, que interpretaba maxistralmente o grupo Dambara, de Burela”. O percorrido completouse nunhas tres horas. A maioría dos sendeiristas son socios de Pasada das Cabras, aínda que tamén os había procedentes de varios Concellos da Mariña. Alfredo Llano dixo que “Pasada das Cabras foi quen fixo a proposta de sinalización desta ruta circular. Os participantes quedaron gratamente sorprendidos pola beleza que ofrece esta posibilidade de cruzar polos lugares máis singulares do noso concello”.

Exit mobile version