Site icon Crónica3.com A Mariña

Feminismo e sustentabilidade, últimos temas do programa ‘Activismos fronte ao patricarcado’ promovido polo Observatorio da Mariña pola Igualdade

A Mariña 28-11-18. Este venres, a Casa das Letras de Ribadeo acolle a última propostado ano no marco de ‘Activismos fronte ao patriarcado’, unha mesa redonda participada por catro mulleres galegas á fronte de catro proxectos nos que o activismo feminista e o desenvolvemento sustentable son piares fundamentais. Elas son Adela Figueroa de ADEGA-Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, Dora Cabaleiro da Cooperativa Ribeira do Navia con raíces en Negueira de Muñiz, Elena Ferro, herdeira da tradición zoqueira que reivindica Eferro e Isabel Vilalba, secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego e participante na Axenda Feminista 2017 do OMI. A partir das 20:30 horas gozaremos dos seus relatorios e dun posterior coloquio no que poderemos participar.
Un ciclo a prol da transversalidade. Aló polo mes de xuño, a flósofa feminista Ana de Miguel inauguraba, nunha ateigada sala de Foz, o ciclo ‘Activismos fronte ao patriarcado’ coa conferencia ‘Neoliberalismo sexual: o mito da libre elección’. En setembro, as Xornadas Mulleres e Deporte promovidas en colaboración con MUDEGA no Museo Provincial de Lugo analizaban, baixo a ollada feminista e desde múltiples perspectivas, a práctica deportiva nas mulleres. Xa en outubro, o OMI organizaba un obradoiro de empoderamento erótico en Burela, completando a temática do ciclo que xurdiu co obxectivo de visibilizar activistas e activismos en diferentes sectores, logo da publicación da Axenda Feminista 2018 ‘Activistas galegas’ e das mobilizacións
historicas do pasado 8M.
O Observatorio da Mariña pola Igualdade, con dez anos de vida, ten programado centos de actividades sobre temáticas moi diversas que afectan, de forma específca, á vida das mulleres e ao desenvolvemento das relacións de xénero: economía, coidados, beleza, maternidades, identidades, educación… desta volta, afrman desde a entidade, “escollemos visibilizar que o feminismo é fundamental na promoción doutro modelo de desenvolvemento económico e social baseado na sustentabilidade” polo que “convidamos a estas catro mulleres para que expliquen como o activismo feminista está detrás dos proxectos que representan”.

Exit mobile version