No V Concurso de Lemas o lema gañador foi Non xulgues as razas,enriquécete delas, de Ramón Ben Casas.
E no V Concurso de Debuxo-Pintura na 2º categoría o debuxo gañador foi o realizado por Cesilia Lizet Campos Belesmoro e na categoría especial, un de Xosé López Losada, da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña e un colectivo do Centro Ocupacional da Fundación Eu Son.
No acto de entrega de agasallos participaron o alcalde, Alfredo Llano, e a concelleira de Inmigración, Angélica Gómez, que felicitou aos gañadores e agradeceulles “a todos os participantes a súa participación nesta actividade”.