Site icon Crónica3.com A Mariña

Guillermo González López recoñecido polos seus méritos deportivos

Barreiros 7-11-18. O vinderio martes 13 de novembro ás 19:00 horas, o deporte galego ten unha cita no Auditorio Abanca de Compostela. Celebrarase a Gala de entrega dos Recoñecementos ós Méritos Deportivos da Xunta de Galicia.

O Presidente da Xunta, Alberto Nuñez Feijóo e a Secretaria Xeral para o Deporte, Marta Miguez, serán os encargados de facer a entrega dos 26 recoñecementos deportivos a Clubs, Colexios, Directivos, Deportistas, etc, todos eles cunha traxectoria deportiva que xustifica este galardón.

Entre os 26 galardoados están grandes coñecidos do mundo do deporte como o ribadense Mauricio Monteserín, que foi remeiro olímpico en varias edicións; Ismael Santos, xogador de baloncesto que militou nas ringleiras do Real Madrid e da Selección Española de Baloncesto; Pepe Casal, atleta, adestrador, secretario técnico e máis tarde preparador físico, destacando o seu traballo con grandes deportistas como Juan Carlos Navarro e Pau Gasol.

GUILLERMO GONZALEZ LOPEZ

Este home, logo de sufrir un duro accidente, xuntou todas as forzas que puido e máis para dedicar a súa vida o deporte.
Fixo funcións de Directivo, Delegado, Utillero, persoal de mantemento, e un longo etc en clubs como o Iberia CF, Cadramón Lux FS, Ribadeo FC, e actualmente sigue no Praias de Barrerios CD como directivo. Guillermo sempre esta aí para arrimar o ombreiro.

Todas e cada unha das persoas que forman a gran familia do Praias de Barreiros, queren dar os parabéns por este Galardón tan especial que será entregado a Guillermo, e agradecer aos responsables de Deportes da Xunta de Galicia este recoñecemento.

Gracias Guillermo por seguir axudando o deporte base!.

Exit mobile version