A obra de Lois Pérez está chantada na realidade onde retrata con poemas poderosos e estarrecedores a faciana máis ocultada vida que, por veces, non queremos ver. Ademais, faino cunha ollada limpa, honesta, comprometida, integrando outras manifestacións artísticas que entretece cos poemas, desde a música -fundamental para entender a esencia deste libro- ata unha banda deseñada “reconstruída” ou a aparición dun universo narrativo apócrifo, ou non, en tantas ocasións marcado polo humor e que pode ser gromo doutras cousas.
A festa da Palbra terá continuidade o xoves 8 de de novembro ás 20:30 no CENIMA de Foz acollerá unha lectura teatralizada do poemario de Manuel María Os soños da Gaiola, coincidindo co cincuenta aniversario da súa publicación, a cargo do grupo de teatro da asociación cultural A Pomba do Arco.