Site icon Crónica3.com A Mariña

“Medrar na vida através da música”, unha tertulia con Ugia Pedreira

O colectivo viveirés Pensamento e Sementeira continua coa programación do Outono Cultural. Nesta nova cita intervén a música Ugia Pedreira para nos falar de “medrar na vida através da música”. A tertulia desenvolverase o xoves 8 de novembro, no salón de usos múltiples do Concello de Viveiro, na Praza Maior e dará comezo ás 20:30 horas. As seguintes actividades que programou o Colectivo van ter lugar no Teatro Pastor Díaz , tamén neste mes de novembro e consistirán en dous concertos: o do grupo caboverdiano Batuko TabanKa e o do Coro da Mariña. (Máis información en: pensamentoesementeira.blogspot.com )

Exit mobile version