Site icon Crónica3.com A Mariña

Novas obras rematadas en Viveiro

Viveiro, 12 de novembro de 2018. No día de hoxe recepcionaronse as obras incluídas no proxecto denominado “Proxecto de mellora, reposición de saneamento, redes de sumidoiros e abastecemento de auga no tramo comprendido entre a oficina de turismo e o río dos Foles na rúa Benito Galcerán”, cun orzamento de contrata de 96.044,68 euros e financiadas a través dunha subvención concedida pola Xunta de Galicia ao abeiro da Orde do 21 de decembro de 2017 pola que se regulan os criterios de repartición e se establece as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións da liña en concorrencia non competitiva e da liña en concorrencia competitiva do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2018, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, destinadas a entidades locais de Galicia (DOG núm. 9, do 12 de xaneiro). Nesta subvención, que se concede aos concellos cuxo territorio municipal se atopa dentro da poligonal de delimitación dun parque eólico e, igualmente, os afectados pola correspondente instalación de conexión ou vía de evacuación, o concello decidiu solicitar o importe que lle correspondía para executar estas obras.

Coa execución desta intervención realizáronse as seguintes actuacións: saneouse e mellorouse a rede de evacuación de augas residuais; dotouse este tramo do vial dunha rede separativa de pluviais; aumentouse a sección da rede de abastecemento de auga potable, para garantir o bo servizo da instalación; e demoleuse o pavimento que había para colocar losetas de granito gris abujardado seguindo o mesmo criterio que se está utilizando para o resto do casco histórico.

Na mesma zona estanse a executar tamén as obras incluídas no proxecto denominado “Acondicionamento do entorno da oficina de turismo na intersección coa rúa Benito Galcerán, Viveiro (Lugo)”, cun orzamento de contrata de 41.171,28 euros, que rematarán previsiblemente en breve. Este proxecto, que debe entenderse como unha ampliación do anterior, foi posible grazas ao remanente dun convenio que este concello asinou coa Deputación de Lugo. As actuacións que se están a levar a cabo neste caso consisten na demolición de parte do muro de peche da Residencia Betania; a integración dos 60 m2 de terreos concecidos pola residencia Betania no ámbito da parcela da oficina de turismo, permitindo mellorar sustencialmente a accesibilidade e visibilidade para o tráfico tanto rodado como peonil; a reubicación do paso de peóns existente na zona de actuación; e a mellora das instalacións de abastecemento de auga, saneamento, pluviais e subministro eléctrico.

Ademais, o concello vén de solicitar á Deputación de Lugo a aprobación dun novo convenio no que se incluirían as obras de mellora das beirarrúas existentes no outro lado da rúa Benito Galcerán.

No día de hoxe recepcionaronse, así mesmo, as obras incluídas no “Proxecto para a creación dunha zona de aparcamento de autocaravanas nas proximidades do polideportivo municipal de Viveiro”, cun orzamento de contrata de 26.527.94 euros e financiadas pola Axencia Turismo de Galicia. As actuacións incluídas neste proxecto contemplaban a dotación de catro aparcamentos para autocaravanas, dotadas de rede de saneamento, abastecemento de auga e tomas de electricidade; a maiores, o concello ampliou sinalizou outras catro prazas, sendo posible nun futuro aumentar dito número, xa que a actuación definida no proxecto relativo desenvólvese tendo en conta a posible ampliación deste servizo.

.

Exit mobile version