Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG esixe a Xunta de Galicia e Concello de Burela solucións para as graves deficiencias estruturais do Colexio Virxe do Carme

Burela, 02 de Novembro de 2018. O Bloque Nacionalista Galego cree que a situación que están a sufrir no CEIP Virxe do Carme (Os Castros) tanto o alumnado coma o profesorado e resto de persoal non pode continuar, trátase dunha urxencia darlle solución. Neste sentido, os nacionalistas esixen á Xunta de Galicia que exerza as súas competencias e acometa as obras que sexan oportunas no colexio. “A Xunta desenténdese das súas competencias en materia de educación sistemáticamente. Xa o fixeron coa xestión das Escolas Infantís e estano a sufrir tamén no Colexio dos Castros” sinalou Mario Pillado, voceiro do BNG en Burela. “Entendemos que o Concello non pode levar a cabo estas obras porque non ten as competencias, pero o pasotismo e agardar pola Xunta non serven de nada e o señor Llano ten que mostrar un pouco de valor e defender os intereses dos nenos e dos mestres dese colexio” continuou Pillado.
Os nacionalistas piden unha actuación dunha vez por todas.
A edificación dos Castros presenta estes peoblemas “que non son de hoxe: o paso dos anos e a falta de investimentos por parte da Xunta fan que o centro se atope nesta situación, que xa foi denunciada en repetidas ocasións e non foi mais ca obxecto de parches e pequenas reparacións, para nós, de todo insuficentes. Por iso cremos que se debe levar a cabo unha reparación integral do colexio e así llo facemos saber á Xunta e ó Concello” comentou Pillado.
Finalmente, “preguntámonos que opinan de todo isto os señores José González Barcia e José Manuel Balseiro, tan pródigos na prensa xeralmente, pero que con respecto a este tema nunca se pronuncian e están ben caladiños. Semella que non lles importa moito a situación dos nenos matriculados no CEIP Virxe do Carme; defenden coma sempre os interentes do Partido Popular, neste xado da Xunta,por riba dos intereses da veciñanza” rematou Mario Pillado.

Exit mobile version