O Concello de Muras, un exemplo a imitar
O alcalde nacionalista de Muras, Manuel Requeixo, expuxo o modelo desenvolvido no seu concello, donde as veciñas e veciños benficianse dos rendimentos dos parques eólicos instalados alí, grazas a que o concello estableceu unha ordenanza para devolver aos veciños o importe do recibo da luz. Eduardo Chao, tenente alcalde do Valadouro puxo como referencia o exemplo do concello veciño de Muras, máxime tendo en conta que no término municipal do Valadouro tamén hai instalados xeneradores eólicos.
Tarifa Elécrica Galega, para que a factura da luz sexa mais barata
Neste acto, que foi presentado por Ruth Rodríguez, do BNG no Valadouro, a deputada no Parlamento de Galiza, Olalla Rodil explicou as iniciativas que o BNG vén presentando non só agora, senón desde hai moitos anos, no parlamento e noutras institucións. “Nós producimos electricidade, e temos dereito a que esa riqueza reverta sobre o pobo galego, e non podemos permitir que
Galiza pase a ser o teritorio que pague a factura da luz mais cara do Estado”, afirmou.
As alternativas que propón o BNG para rematar con este espolio son, entre outras, a creación dunha tarifa eléctrica propia para Galiza que atendendo aos verdadeiros custos da produción, a factura da luz sexa mais barata que a actual en benficio de consumidor@s particulares e das nosas empresas. E tamén a baixada do IVE na factura eléctrica, baixándoo do actual 21% ao 4%.
Campaña do BNG por toda A Mariña
A responsable comarcal do BNG, Ana Ermida, anuncia que esta campaña iniciada en Mondoñedo o 19 de outubro nas San Lucas, vai seguir desenvolvéndose nos meses de novembro e decembro na práctica totalidade dos concellos da comarca, con instalación de mesas para recollida de sinaturas contra a suba do recibo, difusión de dípticos informativos e tamén con actos públicos coma este que vén de celebrarse no Valadouro, e así mesmo presentando mocións nos concellos.