Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo colabora coa Escola de Artes Marciais da localidade coa adquisición dun tatami

Cervo, 26 de novembro de 2018.- O Concello de Cervo colabora coa Escola de Artes Marciais da localidade coa adquisición dun tatami.
O rexedor, Alfonso Villares, e o edil de Deportes, José Ramón Soto, achegáronse ata o Pavillón do CEIP Península da Paz para saudar ás persoas participantes nun curso de Nihon TaiJitsu, impartido por Agustín Martín, 8º Dan e director técnico deste departamento da Real Federación Española de Kárate. Na súa visita tamén aproveitaron para ver a nova superficie xunto co presidente da Escola de Artes Marciais de Cervo, Miguel Ángel Rojo.
Villares e Soto precisaron que desde o Concello brindamos sempre todo o noso apoio e colaboración ás entidades que, como neste caso e de xeito totalmente altruísta, promoven a actividade deportiva no municipio, e animaron ao club a seguir a organizar actividades como o curso impartido esta fin de semana, “facendo que cada vez máis xente coñeza e teña curiosidade por esta arte marcial”
Ao curso, celebrado o sábado, acudiron 30 personas de distintos graos, desde branco ata altos cintos como 6º Dan; e de distintas idades, desde os 14 ata os 60 anos, procedentes de Madrid, Castela León, Ourense, Lugo e A Coruña.

Exit mobile version