Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo programa varios actos polo Día Internacional contra a Violencia de Xénero

Cervo, 17 de novembro de 2018.- O Concello de Cervo, a través da delegación de Muller e Igualdade que dirixe Pilar Armada programa diferentes actos polo Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Así, o sábado 24 de novembro, ás 12:00 horas, na Casa do Mar de San Ciprián, haberá un obradoiro de autoestima e empoderamento feminino a cargo da psicóloga Raquel Graña.

Xa pola tarde, ás 19:00 horas, o grupo de teatro Ardora de San Ciprián, representará o seu sketch “o silenzo que berra”; a continuación haberá unha merenda conmemorativa.

Ademais o venres 23 de novembro, a asociación Mulleres en Igualdade de Cervo, coa colaboración do Concello, ten programa para as 18:00 horas, na Casa da Cultura, a actuación do candador galego Xoán Eiriz e a da sección infantil do grupo folclórico Mistura.

Pola súa banda, a asociación Os Aventados, tamén coa colaboración do Concello, ten previsto para o domingo 25 de novembro, na Casa do Mar, a presentación do libro “Crúa e Núa”, da poeta Suevia Figueiroa, coas ilustracións de Otto Treto, que contará coa música do artista David Catá.

Exit mobile version