Site icon Crónica3.com A Mariña

O Grupo de Sendeirismo da ACD.XOVE, despediu a tempada de rutas cunha camiñata pola senda costeira de Xove

Con saída no Portiño de Portocelo, percorreron parte da senda costeira de Xove, pasando por San Tirso, os miradoiros do Monte Castelo, o faro Roncadoiro, a praia de Coido, o Antemil e punta da Mansa, para voltar a Portocelo por pistas do interior. Nunha Ruta de 10,5 km. seguindo parte da costa de Xove, contemplando unha paraxe costeira espectacular, e nunha xornada ideal para a práctica do sendeirismo. Na ruta participaron un total 82 camiñantes entre eles o alcalde de Xove. Ó final da andaina, celebrouse a comida de fin de tempada no Centro Social de Palmeiro ( A Rigueira).

Exit mobile version