Site icon Crónica3.com A Mariña

O grupo de teatro A Rabela actuará o vindeiro domingo, 11 de novembro, en Barreiros

Alí representará As consultas do doutor Baldomero Bautista, unha obra cómica cargada de enredos e improvisacións. A representación, incluída no proxecto teatral Buxiganga da Deputación de Lugo, terá lugar no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro a partir das 18:00 horas. Colabora, na organización deste evento, o Concello de Barreiros a través da Oficina de Información Xuvenil e da Concellería de Cultura.

Exit mobile version