Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP véndenos metros cadrados pero sen mais servizos, di o BNG sobre o Hospital

A Mariña, 15 de novembro 2018. Desde o BNG valoraron a visita efectuada no día de onte ao Hospital da Costa por Núñez Feijóo donde anunciou a próxima apertura da primeira fase da ampliación. Para @s nacionalistas, as actuacións levadas a cabo eran necesarias e de xustiza, mais tamén advirten que “o problema da sanidade na comarca non é só cuestión de espazos físicos no hospital, que tamén, pero esta ampliación tén que servir para albergar novos servizos necesarios e tamén para albergar servizos perdidos que haberá que recuperar a través da loita e da mobilización social, que foi co que se conseguíu esta ampliación”, afirmou a portavoz comarcal Ana Ermida, que tamén recalcou: “O PP vén vendernos metros cadrados pero sen mais servizos”
É urxente e necesaria a ampliación de servizos e prestacións
O BNG recordou as palabras de Núñez Feijóo hai un ano tamén en Burela, donde afirmara que “o hospital mariñao terá servizos como tén o hospital de Lugo”, ou “seguiremos ampliando a carteira de servizos” polo que lle recordan que sería bon que certificara con feitos esas afirmacións, pois as derivacións a Lugo e á privada continúan incesantemente, e as listas de espera para consultas e intervencións cirúrxicas siguen inamovibles e as reclamación dos cidadáns ao respecto siguen aumentando.

Para o BNG, a atención sanitaria tén que ser sempre a prioridade de calquer goberno, por eso non aceptan as excusas esgrimidas polo presidende da Xunta cando aduce á situación económica para xustificar a lentitude nas inversión no hospital, ou á lonxevidade da poboación galega para xustificar a insuficiencia do gasto sanitario.

Exit mobile version