Site icon Crónica3.com A Mariña

O presidente da xestora local do Partido Popular de Burela, Manuel Rouco, reuniuse hoxe xunto ao deputado autonómico Daniel Vega, e o deputado nacional Jaime de Olano, con representantes de asociacións sociais e culturais da vila continuando así co seu labor de escoita e aproximación ao tecido socio-cultural de Burela

As xuntanzas cos membros da directiva da Coral de Burela, a asociación de veciños O Vencello e a Comunidade de Montes -e ás que tamén acudiron outros membros da xunta directiva local do Partido- serviron para tratar diversas solicitudes e reivindicacións ás que se tratará de dar cumprida solución.

Exit mobile version