Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE denuncia o “bulo propagandístico” do PP sobre o Hospital da Costa. Os mariñáns van a Lugo ata para cambiar a pila do marcapasos

Burela, 15 de novembro de 2018.- O Secretario Xeral do PSOE na Provincia de Lugo, Álvaro Santos Ramos, Alcaldes, concelleiros, voceiros e militantes de todos os Concellos da Costa denunciaron este xoves “o bulo propagandístico” do Partido Popular sobre o Hospital da Costa, “que foi desmantelando e recortando máis e máis servizos sanitarios públicos ata conseguir que os 72.000 veciños da Mariña teñen que ir a Lugo ata para cambiar a pila dun marcapasos”.

Santos Ramos explicou que “non vimos a criticar as obras, senón o bulo propagandístico do Partido Popular onte na Mariña. Vimos a dicir cal é a realidade do Hospital da Costa. Rematáronse unhas obras, que o PP demorou durante 10 anos, o tempo que tardou en executar a primeira fase destas actuacións. Queda unha segunda fase, que actúa sobre as vellas instalacións, e que co ritmo de execución do PP non veremos ata antes do 2024”.

“Os veciños da Mariña non poden esperar tanto tempo por uns servizos sanitarios dignos. Onte inauguraron ou visitaron unhas obras, que non supuxeron nin un só novo servizo sanitario. Hoxe no hospital da Costa seguen sendo atendidos 30 pacientes por 1 soa enfermeira. Pola noite, atopamos 3 celadores para atender Urxencias, UCI, partos e quirófanos. Que se deixa sen atender se hai necesidades nestes catro servizos ao mesmo tempo?”

“Segue sen haber un servizo propio de oncoloxía o que supón que os pacientes rematen o seu tratamento sen a presencia dun oncólogo. Tampouco hai servizo de xeriatría. Probas tan necesarias como a de esforzo para un diagnóstico cardiolóxico ten máis de 400 días de espera, máis de 14 meses, porque non hai suficientes especialistas”.

“E xa non falemos de colocar un marcapasos ou dun simple recambio de pilas de marcapasos, pois os veciños da Mariña teñen que desprazarse a Lugo para poder facelo. Como tamén se desprazan aquelas nais que teñan un parto dun grande prematura, os casos de operacións de fimose, cataratas…”

“Un reumatógolo ten un prazo de espera de ata 1 ano. Alguén pode concibir que se espere tanto tempo despois dun traumatismo ou dunha cirurxía que convela o seu postoperatorio e polo tanto a súa unha rehabilitación?”

“Como tampouco é decente que se fagan as resonancias 1 vez ao mes nun camión diante do hospital porque non hai aparellos para facelas, como tampouco hai para realizar densitometrías óseas, electromiogramas, placas dentais …. Isto non é comprensible nunha sanidade pública”.

Máis de 200 reclamacións dos veciños ao mes
“Os socialistas non podemos compartir o acto propagandístico do PP de onte, dicíndolles aos nosos veciños na Mariña que teñen aquí unhas instalacións máis grandes ou máis bonitas, que non lle ofrece máis servizos. Nin tan sequera os que xa necesitan para unha calidade asistencial da sanidade pública a que todos temos dereito debido ao recortes que fixeron. O PP veulles a dicir que segan agardando meses e anos por una consulta ou que segan presentando cada mes máis de 200 reclamacións, pois non van ter servizos novos”.

O “grande labor” da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña
Os socialistas puxeron en valor o traballo que está a levar a cabo a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña. “Un grande labor de asesoramento e acompañamento aos veciños, que se senten marxinados esquecidos e marxinados pola súa sanidade pública, por un sistema deteriorado e castigado polos recortes do Partido Popular de Feijóo e Balseiro”.

Defensa das áreas sanitarias
O Secretario remarcou que “prometeron que ían a mellorar a sanidade na Mariña, a atención no Hospital da Costa, coa supresión das áreas sanitarias. Non mellorou absolutamente nada. Os socialistas seguimos a defender a necesidade de que existan as áreas sanitarias, que a Mariña teña a súa área propia porque a necesita debido a súa singularidade social, demográfica, económica… Non se poden tomar decisións sobre a organización do hospital da Costa dende Lugo ou dende Santiago. Teñen que ser os propios profesionais deste centro; os que están a facer todo o posible para paliar as evidentes deficiencias da calidade asistencial derivadas das decisións, dos recortes e do maltrato aos lucenses do Partido Popular”.

Exit mobile version