Site icon Crónica3.com A Mariña

O Sábado, 1 de decembro, instalarase en Ribadeo un stand informativo na rúa Rodríguez Murias con motivo da conmemoración do día mundial da loita contra o VIH-SIDA

Ribadeo, 29 de novembro de 2018. O Concello, a través da súa Delegación de Servizos Sociosanitarios, organiza unha xornada informativa que terá lugar este sábado, 1 de decembro, con motivo da conmemoración do Día Mundial da Loita contra o VIH-SIDA.
A actividade, incluída no programa de Prevención de Drogodependencias e outros trastornos aditivos, consistirá na instalación dun stand informativo na zona peonil de Ribadeo, na rúa Rodríguez Murias, en horario de 11:00 a 13:00 horas.
A concelleira de Servizos Sociosanitarios, Sonia Meilán, sinala que “todas aquelas persoas que queiran poderán achegarse para recibir información ou simplemente recoller folletos e material profiláctico”.
No stand estarán tres profesionais da asociación ASEDUC de A Coruña: a educadora social, Sandra Miraz Ramos, a educadora social e pedagoga, Viviana Varela Novo, e a alumna en prácticas de integración social Sabela Mariñas Martínez.

Exit mobile version