Site icon Crónica3.com A Mariña

Os centros de menores San Aníbal de Burela contarán cunha pista multideporte

Burela 10-11-18. Grazas á axuda do GDR Asociación Terras de Miranda da Consellería de Medio Rural, que subvenciona con 65.385 € a construcción dunha pista multideporte de césped artificial no Centro de Día de Menores San Aníbal de Burela. Con este novo servizo poderase potenciar a intervención socioeducativa que os Centros San Aníbal desenrolan durante todo o ano cos nenos, nenas e adolescentes cos que traballan.

A inversión necesaria supera os 80.000 € e a previsión é que para finais deste ano se poda inaugurar este novo servizo.

Nunha segunda fase está previsto realizar melloras na zona de xogos infantil exterior e no xardín do Centro.

Actualmente os Centros de Menores San Aníbal atenden a 32 nenos, nenas e adolescentes que teñen un expediente de protección por parte da Xunta de Galicia.

Exit mobile version