Site icon Crónica3.com A Mariña

Plan de rexeneración de A Insua: fonte de riqueza, cultural, ambiental e turística

Viveiro 6-11-18. Esta é unha entrega que forma parte de varios micoproxectos, feitos por Antonio Lage-Seara para o Instituto de Gestión Cultural y Artística e a Universidad Europea Miguel De Cervantes. Un traballo que busca explotar e explorar un espacio abandonado e desaproveitado. Neste caso desenrolamos un Plan de Rexeneración de A Insua como fonte de riqueza, Cultural, Ambiental e Turística. Viveiro é un Concello que ten desatendidos os seus recursos de Patrimonio Cultural e a case tódolos xacementos arqueolóxicos degradándose, a boa xestión dos mesmos primeiro lexislando e protexendo, logo estudando e rehabilitando e como parte final a posta en valor e dalos a coñecer é unha garantía de futuro, a inversión nos mesmos produce calidade turística e unha oferta desestacionalizada, producto de outono e inverno, emprego estable e mellora do entorno cidadán. Aquí vemos un exemplo de estudo de como crear na Insua un parque natural e histórico. Propoñemos o paso dunha ruta de senderismo, a Ruta do Camiño Cantábrico, sinalizar e resgardar os xacementos da Cova da Doncela, San Xoan Vello, a Atalaia/Batería da Armada, Central Eléctrica, accesos á Praia de San Xoan, á Praia dos Cristais, un exemplo único de como o mar esculpe un antigo vertedoiro de vidrio, vista de acantillados e a Illa Queimada…
Por outro lado unha intervención aseguraría un espacio de sostenibilidade medioambiental, xa que o lixo abunda na zona e vara nesas costas. Para os propietarios revalorizaríase, e contémplanse futuros pasos de concentración parcelaria, usos de explotación, forestal, gandeira ou de productos, que se traduce en ganancias para particulares, en varias modalidades de negocio.
Ademáis, como en proxectos pasados fálase, desta zona idónea para un complexo de aloxamentos e gastronomía. Invítase a inversores a abrir a porta de montar negocios, como unha casa rural no casal de 9 hectáreas, un hotel sostible, un restaurante un carpa efímera ou eventos na Área Etnográfica Do Cargadorio, só con uso como mirador e cun gran potencial para concertos, ten auditorio, celebracións, cerimonias e un
senfín de ideas. Esta parte final suporía ingresos reais e xeración de riqueza.
Ter en conta a relevancia dunha primeira intervención nesta zona, podería ser o xerme de proxectos similares en varias áreas do municipio con amplos recursos de Patrimonio Relixioso, Igrexas e Conventos, 17 Necrópolis, 7 Castros, Vila Romana de Area, unha torre, casas e edificios civís Indianos, o Avó de chavín e o Ciprés da Misericordia… Coidar e velar por eles si é unha boa xestión cultural, turística e económica, o resto propaganda sen feitos diferenciadores, outros xa están a coller a batuta, Viveiro podería ser todo un referente neste campo. Ademáis a infraestructura turística, con ampla oferta, veríase agraciada, acrecentada e beneficiada por este tipo de proxectos.

Exit mobile version